E porque non?
Está claro que na vida calquera decisión que se toma aínda non sendo demasiado importante, non se explica cun so motivo.
Son varias as razóns: Os 90 anos da miña nai é unha por si soa o suficientemente importante. Estar facendo un curso de formación sobre a creación de blogues... outra...jeje. Levar escoitando a Fito & Fitipaldis nas dúas últimas semanas, tamén (xa farei unha entrada para explicar isto). O pensar no meu avó, que foi un referente para min, e do que me gustaría ter amais dos meus recordos e algunha que outra foto, testemuñas escritas de máis peso, como en que pensaba, no que cría e no que non, cales eran os seus medos e os seus anhelos... tamén ten algo que ver, o ter superado o ecuador da miña vida suma... etc
Supoño, que como moitas outras persoas, en ocasións analizo feitos, noticias, anécdotas, comentarios... e se me ocorren reflexións e análises sobre estás cuestións. Me teño plantexado recoller algúns destes pensamentos, porque no momento resúltanme algúns deles interesantes, graciosos, e incluso dignos de ser compartidos... pero unha vez que pasa o tempo a esencia dos mesmos queda pero o pensamento en concreto se vai e xa non volve exactamente igual. Penso que un blogue pode ser un bo recuncho persoal, onde ir gardando estes anacos da miña vida como un método económico de auto analise e de testemuña persoal e se de paso algo do que plasme neste muro virtual serve dalgún xeito a calquera persoa que se poña diante del, mellor que mellor.
barrocus59@gmail.com /30/03/2014
barrocus59@gmail.com /30/03/2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario