Para Que?

Pois como no caso anterior, por diversas razóns... A primeira entrada na que fago referencia aos 90 anos da miña nai é unha bastante importante. Estaría moi ben que o blogue servira como punto de encontro de familia e amigos onde se puideran atopar momentos das nosas vidas nas que nos xuntamos e compartimos conversas, sorriso, celebracións. Non descarto, xa se mirará, que tamén sirva como unha especie de túnel do tempo onde pouco a pouco poidan incorporarse, fundamentalmente fotos e algún que outro documento, que fagan referencia aos nosos devanceiros.
Por outra banda, como xa se pode apreciar no blogue quero compartir, con todos aqueles que queirades abrir a porta e entrar, reflexións propias e alleas xunto con outros de documentos, que dalgunha maneira me chegaron, arrancando un sorriso, un pensamento, unha reflexión, unhas bágoas... Se nalgún caso a calquera visitante lle pasa o mesmo... outro obxectivo do blogue estará acadado !

O que si quero deixar claro para evitar calquera confusión que puidera ter un visitante que no me coñeza moito, é que todos os textos, fotografías, tiras cómicas, reflexións... presentes neste blogue sexan propios o como vai ser na maioría dos casos alleos, reflexán senón ao 100 %, si ao, digamos o 85 % o que eu penso e no que eu creo. Si coincidimos sede benvidos. Senón, ¡TAMÉN!

barrocus59@gmail.com /31/03/2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario