A voltas co Galego

O Galego ¿En perigo de extinción?:

Penso que a realidade da maioría dos centros educativos galegos en materia de lingua é que, na actualidade está crecendo unha xeración de nenos castelán falantes. Falo co coñecemento de impartir docencia nuha escola situada no rural e tamén polas conversas que teño con outros compañeiras/os docentes.
Son moitos os motivos dista situación, pero a puntilla foi o decreto de maio de 2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, elaborado polo goberno entrante do PP, segundo eles porque coa situación anterior a lingua que estaba en risco era o castelán porque non existía un equilibrio nos centros no tocante ao número de horas nas que se utilizaba o Galego e o Castelán.
A realidade, que eu, (e a maioría da sociedade galega), coñecía nesas datas, era que a información que recibían os nenos/as galegos era dunha forma abrumadora en castelán: (radio, prensa, tv, publicidade, no comercio, na rúa...), polo que a escola trataba de exercer con moitas dificultades de elemento compensador lingüístico para acadar un principio constitucional como é que os cidadáns galegos coñezan e no posible utilicen as dúas linguas ao 50%. A realidade no é nin moito menos esa, ao contrario o futuro presentase moi escuro para o Galego.

barrocus59@gmail.com /29/03/2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario